Saltar al contenido

A memoria de Lugo por Díaz Martínez, Carlos

marzo 26, 2019

Descargar A memoria de Lugo pdf

A memoria de Lugo

Título del ebook: A memoria de Lugo
Autor: Díaz Martínez, Carlos
Editorial: XERAIS
Categoría: Geografía
Fecha de publicación: 12/1/2000
Número de páginas: 190
ISBN: 9788483025932
Idioma: Español
Más información del libro: Geografía | España

Tamaño del archivo: 188.65KB
Formatos disponibles: PDF – EPUB – EBOOK

Descripción del libro:

O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, todas elas da colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade da cidade de Lugo e das vilas máis significativas da provincia, nese periodo: dende a articulación urbana da cidade da Muralla e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. As terras luguesas pola súa situación foron, a porta de entrada e paso obrigatorio de Galicia. Nos albores do século XX, reflectidas nas imaxes reproducidas neste volume, as terras luguesas amosan unha reticula feita á medida do home (paisaxe de humanidade). Máis a fermosura da paisaxe e do patrimonio histórico non poden agachar a realidade socioeconómica daquel momento: a vixencia do sistema foral, a situación de estancamento e de anomía social dunha provincia, que economicamente vive ao borde da supervivencia, o desprazamento da poboación cara ás cidades e a emigración a América.Estas realidades definirán as produccións fotográficas das tres primeiras décadas do século XX. A primeira parte recolle as vistas xerais da cidade lucense, deténdose, nas vistas da Muralla, algunhas delas practicamente inéditas ata hoxe. O escritor Paco Martín,Da cidade de Lugo , propón un paseo pola cidade dende a Praza da Constitución e o Paseo do Cantón, ata as Prazas de san Domingos e do Campo. Fausto Galdo, Mariñas e Terras do Norte, evoca a vida das terras mariñás no comezo do século XX, diante das vistas de Viveiro, Celeiro, Ribadeo e Foz. O poeta Manuel María, De Lugo ó Cantábrico cruzando a Terra Chá, ilustra as postais de Mondoñedo, Vilalba e Guitiriz. O escritor Lois Diéguez ,Val de Lemos e Terras do Sur, recrea as postais de Monforte, Quiroga, Sárria, Samos e San Clodio. Pecha o volume a traducción dos textos literarios ó castelán e inglés, así como a catalogación das pezas deste magnífico volume.

Sobre el autor:

Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición… Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego. Autor de colaboracións diversas no eido do xornalismo en revistas e xornais de Galicia e de coordinación de publicacións do noso patrimonio fotográfico (A Opinión de A Coruña). En colaboración con outros autores ten publicado ” Xesús Ferro Couselo ” , ” Fouce: Etapa da Clandestinidade ” e ” A semente do 72, a forza da nosa clase ” . Colaborador na organización de diversas exposicións históricas ou artísticas e comisario de: ” Galicia fora de Galicia ” , ” Culturas no Camiño Xacobeo ” , ” Masonería Universal. Familia Galega ” , ” Manuel Facal. 25 anos de obra gráfica ” . Como diseñador-editor de arte gráfica coordina produccións Culturais Artesa e a publicación de carpetas de obra gráfica de autores e artistas galegos dende o ano 1992 coa proposta actual dun catálogo de 10 libros de bibliofilia de arte. Dende 1995 colaboura con Edicións Xerais de Galicia das coleccións de libros ” A memoria de… ” e na proposta de diversas publicacións e actividades da editorial. O seu último libro e “A Coruña por Pedro Ferrer´´ (Xerais 2005).

Leer Ebook Online A memoria de Lugo.epub

¿Cómo descargar el archivo?

  1. Crea una cuenta gratuita
  2. Descargar o leer en línea todos los libros disponibles que necesites.
  3. Cancela la cuenta en cualquier momento.
Descargar