Saltar al contenido

Unha lúa na fiestra por Fernández Paz, Agustín

diciembre 31, 2018

Descargar Unha lúa na fiestra pdf

Unha lúa na fiestra

Título del ebook: Unha lúa na fiestra
Autor: Fernández Paz, Agustín
Editorial: Editorial Galaxia
Categoría: Libros
Fecha de publicación: 11/1/1997
Número de páginas: 108
ISBN: 9788471549051
Idioma: Español
Más información del libro: No posee

Tamaño del archivo: 588.33KB
Formatos disponibles: PDF – EPUB – EBOOK

Descripción del libro:

Este libro está formado por cinco relatos que sorprenden polo seu carácter interactivo, pola súa perfecta adecuación ao traballo nas aulas e pola súa agradabilísima lectura. No conto que lle dá título ao libro a nena que o protagoniza recibe durante a noite de San Xoán a visita dunha nova e rara amiga. A máquina do tempo propón a reflexión sobre un futuro que está en mans dos lectores. En A sombra do dragón, Marta experimenta a opresión e o medo a través da inxustificada dureza dun profesor. Tareixa e a cama máxica introdúcenos nunha aventura na que se mesturan realidade e imaxinación. O rescate das palabras conta a rebelión dos rapaces de Vilabranca contra as ridículas ordes dun gobernador empeñado en prohibir o uso de calquera palabra que conteña a letra P.

Sobre el autor:

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 – Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos ” A cidade dos desexos ” , o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron ” As flores radioactivas ” (1990), novela, Premio Merlín 1989; ” Contos por palabras ” (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; ” Rapazas ” (1993), relatos; ” Trece anos de Branca ” (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; ” Cartas de inverno ” (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; ” Amor dos quince anos, Marilyn ” (1995), novela; ” O centro do labirinto ” (1997), novela; ” O laboratorio do doutor Nogueira ” (1998); ” Cos pés no aire ” (1999), novela, Premio Raíña Lupa; ” Aire negro ” (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; ” No corazón do bosque ” (2001), novela; ” Un tren cargado de misterios ” (2001), conto; ” Noite de voraces sombras ” (2002), novela; ” A praia da esperanza ” (2003), conto; ” O meu nome é Skywalker ” (2003), novela, Premio Barco de Vapor; ” Tres pasos polo misterio ” (2004), relatos; ” Fantasmas no corredor ” (2005), conto; ” Corredores de sombra ” (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; ” O único que queda é o amor ” (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; ” Lúa do Senegal ” (2009), novela, Premio da AELG; ” Valados ” (2009), conto; ” Non hai noite tan longa ” (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; ” Fantasmas de luz ” (2011), novela, Premio da Crítica Galicia 2012; ” Desde unha estrela distante ” (2013), conto; ” A viaxe de Gagarin ” (2014), novela, Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; ” A neve interminable ” (2015), novela, Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e ” O soño do Merlo Branco ” (2016), conto. Reuniu textos memorialísticos no libro ” O rastro que deixamos ” (2012) e os seus ensaios sobre a lectura en ” Un mundo de palabras ” (2017). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

Leer Ebook Online Unha lúa na fiestra.epub